BASES SORTEO AS PONTES LIMPO

1º. Descrición
O presente sorteo encádrase dentro da campaña de concienciación e sensibilización medioambiental Rqu3R, promovida pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de As Pontes de García Rodríguez.

En concreto trátase dunha actividade de promoción do novo Punto Limpo Municipal ubicado no Polígono dos Airíos. A finalidade é a de aumentar os residuos depositados no Punto Limpo, polo que se repartirán rifas á veciñanza que deposite material nas súas instalacións, entrando nun sorteo de 20 vales canxeables no comercio e a hostalería locais, valorados en 50 euros cada un (1.000 euros en premios).

2º. Organizador
Cultureume S.C. con enderezo na Avenida de Galicia, nº 79, 2º, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), e provisto co CIF número J-70408521, en colobaración con Concello de As Pontes, realizará a promoción “AS PONTES LIMPO” (no sucesivo o sorteo), dende o vindeiro día 1 de decembro de 2016 ás 10:00 horas ata o día 15 de marzo de 2017 ás 19:00 h., ambos inclusive, dirixida aos usuarios do Punto Limpo Municipal.

Cultureume S.C. resérvase o dereito á modificación unilateral das datas de inicio e finalización do sorteo así como o dereito a deixar en suspenso ou anular o sorteo se por causas técnicas ou de calquera outra índole alleas á súas vontade non puidese cumprir co normal desenvolvemento do mesmo, en cuxo caso notificarase oportunamente na páxina web da Aula da Reciclaxe EcoEscola das Campeiras (www.auladareciclaxe.es).

3º. Datas inicio e remate
As rifas entregaranse no Punto Limpo Municipal ás persoas que depositen residuos nas súas instalacións entre o 1 de decembro de 2016 e o 17 de marzo de 2017. Entregarase unha rifa por persoa e depósito. O horario das instalacións municipais para realizar depósitos de refugallos é de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 20 h. e sábados de 9 a 14 h. e o seu enderezo Polígono dos Airíos, Fase II.

4º. Mecánica da promoción e requisitos de participación
Para participar no sorteo será necesario cubrir a marxe esquerda da rifa co nome completo e teléfono de contacto.

5º. Datas sorteo e número de gañadores
O sorteo realizarase na semana do 20 de marzo de 2017, ante a presencia de persoal municipal responsable da campaña para dar veracidade ao sorteo.

6º. Valor e natureza dos premios
Os premios consistirán en 20 vales canxeables no comercio e a hostalería locais, valorados en 50 euros cada un. As rifas e os vales son nominativos co fin de premiar a 20 veciños/as, co que cada agraciado/a só poderá obter un único premio.

Para poder canxear o premio, deberase comunicar previamente ao persoal municipal responsable da campaña o negocio no que se vai a realizar o canxe.

7º. Notificación aos gañadores
As persoas gañadoras seralles comunicado previo aviso por teléfono o premio acadado e as indicacións oportunas para recoller o vale. No caso de non recibir resposta por parte do/a gañador/a en 4 días naturais contados a partir da comunicación telefónica, entenderase por desestimada a aceptación do premio e procederase a realizar un novo sorteo entre as rifas non agraciadas e así sucesivamente ata atopar un gañador/a.

8º. Cesión de dereitos de imaxe
Os gañadores/as do presente sorteo autorizan ao Concello de As Pontes para utilizar publicitariamente o seu nome e apelidos e, no seu caso, a súa imaxe nas comunicacións e materiais publicitarios relacionados co presente sorteo (incluido internet e redes sociais) sen contrapestación económica algunha.

9º. Aceptación das bases
Para poder participar no sorteo será de obrigado cumprimento por parte das persoas participantes, a aceptación das presentes bases, que poderán ser consultadas na páxina web www.auladareciclaxe.es.