INICIO 2017-03-23T12:26:41+00:00
“O teu lixo ten premio. Bases da campaña de fomento do Punto Limpo”

A Aula da Reciclaxe ECOescola As Campeiras

As Pontes | A Coruña

A ECOescola As Campeiras é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxe e da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos

Que obxectivos ten?

O fomento da sensibilización a prol dunha mellor xestión dos recursos e dos refugallos a través de accións formativas dirixidas tanto ao público escolar como adulto.

O fomento do aforro nos custes de tratamento de refugallos sólidos no municipio.

A contribución na redución da pegada ecolóxica do municipio, mellorando as boas prácticas sobre consumo responsable, reciclaxe e reutilización.

Esta antiga escola unitaria foi rehabilitada no ano 2013 e a finais de 2015 acondicionase o espazo para a realización de actividades educativas. Está dividida en dúas plantas e conta con exposicións sobre as 3Rs, a historia da reciclaxe, o ciclo que sofre o lixo e zonas para aprender a separar os refugallos que xeramos.

O habitante da ECOescola chámase Refu, e actúa como fío condutor na explicación e interpretación das temáticas expostas. Mediante varios audiovisuais tamén se mostra ao público a importancia das boas prácticas na xestión dos recursos e dos refugallos.

 

Ven a coñecer a ECOescola das Campeiras!

Os 3Rs na Aula da Reciclaxe ECOescola As Campeiras
O Ciclo do Lixo nas Pontes
A Memoria da Reciclaxe: Coste Cero

Actividades

#CompostDaCasa

17 Outubro - 17 Novembro