Recicla na rúa

 

A ECOescola As Campeiras conta cun patio exterior con colectores verde, amarelo, azul, vermello e gris, así como duas composteiras.

Este espazo, denominado “Recicla na Rúa”, é un escenario ideal para o desenvolvemento de distintas actividades e dinámicas sobre a separación de refugallos, orientadas tanto para público infantil como adulto. Tamén se poderán realizar obradoiros de compostaxe.

Reciclando na casa

 

Na segunda planta do inmoble atópase a recreación dunha cociña, habilitada para a realización de actividades e obradoiros sobre a separación doméstica, redución de consumo e reutilización de refugallos. A maiores, tamén haberá xogos.

Xogos e xoguetes

 

A ECOescola As Campeiras conta cunha colección de xogos e xoguetes realizados con materiais reciclados e reciclables, dispoñibles todos eles para que o público infantil disfrute dun tempo de lecer ameno e divertido.

A maioría dos xoguetes poden ser elaborados por calquera membro da familia, abríndose así a posibilidade de impartir obradoiros nos que se transmitan valores relacionados coa reutilización e o consumo responsable.

1 – FUTBOLÍN

MATERIAIS: Caixa de cartón resistente, pincho moruno, tapóns de cortiza, pinzas de madeira, feltro, fío de bordar, pintura acrílica, pegamento, pelota saltarina, corda fina.

REGRAS DO XOGO: 2 participantes (1 por equipo). Golpear o balón cos xogadores para marcar gol,  e cada gol na portería contraria 1 punto. Pódese determinar o límite para gañar a partida

2 – DOMINÓ

MATERIAIS: Láminas de cortiza de chan, retais de teas diferentes cores e texturas,  caixa de cartón para gardar e pegamento.

REGRAS DO XOGO: 2 participantes. Colocar as fichas boca abaixo, mesturar e coller 5 cada xogador. Por quendas, colocar as fichas no centro unha a unha e facendo coincidir as cores. Se nunha quenda non podes poñer ficha, colles unha do montón; se podes colócala e se non, pasas quenda. Así ata que se rematen as fichas. O primeiro participante que acabe coas súas fichas gaña.

3 – BIRLOS

MATERIAIS: tubos de cartón groso de rolos de corda (se non hai facelos con botellas de 50 cl recheas cun pouco de area para que pesen), pintura acrílica, pelota tecida con algodón rechea de piñóns de sopa (serve calquera outra pelota pequena) e taboleiro de cortiza pintada para colocar ben os bolos.

REGRAS DO XOGO: Mínimo 2 participantes. Establecer a distancia de lanzamento, colocar os birlos no taboleiro e lanzar a pelota. Trátase de tiralos todos nos mínimos lanzamentos. Pódese ir aumentando a distancia para facelo máis difícil.

4 – XOGO DA RÁ

MATERIAIS: Caixa de cartón con tapa (mellor abatible), feltro, ra de plástico ou peluche, tapóns de botellas, pintura acrílica, xornais e láminas de cortiza ou cartón.

REGRAS DO XOGO: Mínimo dous participantes. Establécese a distancia de lanzamento, e lánzanse por quendas os 10 tapóns tentando coalos polos buracos. Os que vaian fóra non se poden volver lanzar. Ábrese a caixa e cóntanse os puntos obtidos. Os participantes poden establecer as súas propias regras antes de comezar. Por exemplo: facer unha segunda volta cos tapóns que non entraron.

5 – TRES EN RAIA

MATERIAIS: Retais de teas, polispán, botóns, pegamento e cordón.

REGRAS DO XOGO: 2 participantes. Trátase de poñer os botóns da súa cor facendo unha liña vertical, horizontal ou diagonal. Colócase unha ficha cada vez e cando estean todas no taboleiro vanse cambiando de posición ata que se eviten as tres en raia.

6 – TEATRO DE SOMBRAS

MATERIAIS: Tapa de caixa de cartón, plástico translúcido (por exemplo os de encadernar libros), feltro vermello, gomaeva negra, escarvadentes longos de madeira e pegamento.

REGRAS DO XOGO: Colocar a tapa en posición vertical e xogar a contar contos coas siluetas negras, facendo aparecer e desaparecer aos personaxes mentres se narra a historia. Será imprescindible o desenvolvemento da imaxinación

7 – CARREIRAS DE CHAPAS

MATERIAIS: Dous cadrados de cortiza ou cartón alongado dobrado pola metade, cinta de tea, rotuladores ou pintura acrílica, chapas de botellas e feltro.

REGRAS DO XOGO: Varios participantes. Colócanse as chapas na saída e por quendas vanse movendo cun golpe de dedo sen saírse do circuíto. Pódense establecer normas antes de comezar, pero o primeiro que chegue á meta, gaña.

8 – TELÉFONO-IOGUR

MATERIAIS: Dous vasos de iogur, cordón fino ou la e escarvadentes.

REGRAS DO XOGO: Estirar o cordón ata que estea ben tenso. Un participante fala polo vaso do iogur e o outro escoita. Sen necesidade de gritar comprobarán que se oe perfectamente.

9 – BONECOS CALCETÍNS

MATERIAIS: Calcetíns, botóns, restos de la, restos de trapo e fío.

REGRAS DO XOGO: Inventar historia cos bonecos. Será imprescindible o desenvolvemento da imaxinación.

10 – COCHES CON ENVASES

MATERIAIS: Envases limpos de produtos de droguería (deterxente, champú…), arame, tapóns de plástico, feltro ou pintura para decorar.

REGRAS DO XOGO: Será imprescindible o desenvolvemento da imaxinación

11 – XOGO DA MEMORIA

MATERIAIS: Caixa de cartón e tapóns

REGRAS DO XOGO: Será imprescindible o desenvolvemento da imaxinación

12 – BALANCÍN

MATERIAIS: Cartón tipo nido de abella con forma de cabalo

REGRAS DO XOGO: Será imprescindible o desenvolvemento da imaxinación

13 – DAMAS

MATERIAIS: Cadrado de madeira (taboleiro), retais de feltro, cordón, 24 botóns pequenos en dúas cores, 4 botóns grandes en dúas cores, pegamento e caixa de cartón para gardar as fichas.

REGRAS DO XOGO: 2 participantes. Colocar as 12 fichas de cada xogador nos cadrados da mesma cor, nas tres primeiras filas. Consiste en mover as pezas en diagonal sempre cara adiante (dunha en unha) a través dos cadros coa intención de capturar (comer) as pezas do contrario saltando por enriba delas. A partida finaliza se un participante queda sen fichas (comidas polo outro) ou queda sen movementos. Pódense establecer regras propias antes de comezar. Cando un xogador chega ao extremo oposto pode substituír a súa ficha por unha dama grande. Esta pode moverse en diagonal en todas as direccións, e sen límite de movementos, podendo comer varias fichas á vez.