Quen o pode utilizar?

É un servizo totalmente gratuíto ao que pode acceder calquera persoa, empresa ou comercio que dispoña dun certo volume de refugallos reciclables.

O Punto Limpo é especialmente útil para todos os que xeran refugallos que non se poden destinar á bolsa do lixo e que poden ser susceptibles dun aproveitamento posterior.

Como depositar os refugallos?

O bo funcionamento destas instalacións esixe que a cidadania aporte os refugallos previamente seleccionados e os depositen nos colectores axeitados.

Á entrada do recinto, un operario informará aos usuarios sobre a forma de realizar o depósito de cada un dos refugallos.

Posteriormente accederase a pé ou en coche ata unha plataforma e, ao longo desta, o usuario atopará varios colectores onde, por separado, poderá depositar os refugallos.

Que refugallos depositar?

  • Papel, cartón

  • Vidro, vaporizadores, PVC e outros plásticos

  • Metais (somieres, electrodomésticos, …), tubos fluorescentes

  • Pinturas

  • Material inerte procedente de pequenas obras domésticas (ata un máximo de 250 kg por entrega e día)

  • Restos vexetais, madeira

  • Aceites de cociña e do coche

  • Baterías de automóbil

  • Pilas, menciñas, radiografías

Os frigoríficos e aparatos de refrixeración depositaranse nunha zona cuberta, onde se realizará a extracción dos CFCs (gases causantes da destrución da capa de ozono).

HORARIO PUNTO LIMPO

De luns a venres: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Sábados: de 9.00 a 14.00 h.

Teléfono: 667 129 360

RECOLLIDA DO LIXO NAS PONTES

A recollida do lixo xenérico (colector verde) realízase todos os días no casco urbán, agás os sábados e vésperas de festivos. É recomendable que deposites os teus refugallos entre as 20.00 e as 23.30 h. Nas zonas rurais a recollida realizase unha vez á semana.

· Debes depositar o lixo en bolsas debidamente pechadas dentro dos colectores.

· Os envases recóllense dous días á semana (latas, tetrabriks e plásticos).

· Baixa o vidro un día á semana. Saca os tapóns das botellas e dos tarros de cristal.

· A recollida do papel realízase todos os xoves. Dobla ou trocea o cartón de gran tamaño.

· Os voluminosos recóllense os mércores pola mañá, previa chamada ao teléfono 981 45 31 81. Recóllense avisos ata o martes ás 13.00 h.