O RETRETE NA HISTORIA
Durante a historia da Humanidade o habitual era buscar un lugar apartado onde miccionar e defecar.
As grandes conglomeracións humanas na historia propiciaron a aparición de retretes. No terceiro milenio antes da nosa era apareceron os primeiros sistemas que precederon ao vaso sanitario. Os antigos gregos e os exipcios dispoñían de ouriñois conectados a depósitos.
Serán os romanos os precursores das primeiras políticas de xestión de refugallos orgánicos. Os romanos dispoñían de baños públicos, que consistían en bancos corridos con buratos para sentarse e defecar. Os baños estaban conectados cun sistema de sumidoiros.
Despois de Roma o máis común era contar con ouriñois, que eran baldeirados na vía pública. Os excrementos sen control eran foco de enfermidades.
Tardarase séculos en recuperar o andado. Os retretes serán cousa da aristocracia até que no século XIX empezan as primeiras políticas europeas para conectar as augas fecais cos sistemas de cloacas.
A produción en masa de retretes empezará con Thomas Twyford.