O CICLO DO LIXO / ANTES DO LIXO
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_001.jpg)
Antes de que as cousas se convertan en refugallos e cheguen aos colectores do lixo, percorren un longo camiño que deberiamos coñecer.
A ruta empeza nos recursos naturais onde se extraen as materias primas necesarias para a industria, que transforma as materias en produtos elaborados listos para comercializar.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_003.jpg)
A responsabilidade ambiental derivada da extracción e transformación dos recursos naturais en produtos elaborados corresponde á industria. Detrás de cada cousa que mercamos está o lixo xerado na súa cadea de produción. A responsabilidade do consumidor empeza na conciencia crítica valorando emisión en produción, transporte e depredación de recursos.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_004.jpg)
Como consumidores xeramos lixo. Mercamos, tiramos os envoltorios e logo os produtos culminan a súa vida útil e convértense en refugallo.
Os niveis de reciclaxe actuais non chegan para evitar a depredación da natureza. Se todos os habitantes do mundo consumisen ao nivel que o facemos os occidentais serían necesarios cinco planetas para a obtención de recursos.
Os recursos naturais son finitos. Estamos educados para consumir e xerar lixo. Só un consumo responsable, mercando o que necesitamos, pode minimizar o impacto que producimos no medio ambiente.
O CICLO DO LIXO / LIXO, O NOSO RECURSO
O lixo son esas cousas que non serven e tiramos. O cartón do leite despois de usalo e a varredura da casa son lixo. Antes de tirar nada pensade se aínda vale. Vale para algo? Non é lixo. Non vale? É lixo.
Cando producimos lixo na casa debemos separalo de forma selectiva na bolsa que lle corresponde. A separación é o primeiro paso para converter o lixo nun novo recurso.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0010.png)
Os REFUGALLOS ORGÁNICOS veñen de seres vivos e son biodegradables.
Deles pode obterse biogás, abono ou combustible derivado de refugallos
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0105.jpg)
As LATAS fanse a partir do aluminio ou da lata (lámina de ferro bañada en estaño). O aluminio pode recuperarse totalmente na reciclaxe, cun custo enerxético moi baixo.
Os PLÁSTICOS derivan do petróleo.
Sepáranse por calidades e composición. Os envases de plástico son fáciles de recuperar. As bolsas e envoltorios son de difícil reciclaxe.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0106.jpg)
O VIDRO obtense a partir da fundición a altas temperaturas de area de cuarzo, sosa e cal. O resultado do enfriamento é o vidro. É un material facilmente reciclable.
Os ELECTRODOMÉSTICOS son eses aparellos eléctricos que nos facilitan a vida cotiá. Están fabricados con diferentes materiais. Por iso, a súa reciclaxe consiste en separar metais, cristais, plásticos e compoñentes perigosos para o medio, para tratar cada parte por separado.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0107.jpg)
O PAPEL e o CARTÓN elabóranse a partir da celulosa, un composto de orixe vexetal. A taxa de reciclaxe é moi alta. O uso de papel e cartón reciclado contribúe a atenuar a depredación de recursos enerxéticos e a un aforro de enerxía.
O CICLO DO LIXO / SEPARANDO OS RECURSOS
O lixo debemos separalo para depositalo nos colectores selectivos de recollida. Este paso é moi importante, pois desde os colectores será trasladado para a súa reciclaxe. Se non fas ben este proceso o lixo acabará no lugar equivocado e será moito máis difícil reciclalo.
Para facelo ben, deberías ter na casa caldeiros do lixo con diferentes compartimentos para separar correctamente.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/nas_pontes_reciclado.jpg)
COLECTOR VERDE
Aquí depositamos os restos orgánicos e basura en xeral
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/separando01.png)
Lembra que se tes horta ou xardín, cos restos orgánicos podes facer compost ecolóxico. Non só aforrarás os cartos de mercar fertilizante, tamén lle aforrarás ao medio ambiente a contaminación provocada polo transporte e traslado do lixo.
COLECTOR AMARELO
Botamos só os envases de plástico, latas e briks
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/separando02.png)
IGLÚ VERDE
Aquí depositamos únicamente o vidro
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/separando03.png)
Lembra: O cristal (vasos, lámpadas, etc) non debe ir neste colector. O cristal é un vidro de alta calidade que contén óxido de chumbo. Por iso debe ir no colector xenérico verde ou no punto limpo.
COLECTOR AZUL
Aquí depositamos papel e cartón usado
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/separando04.png)
O CICLO DO LIXO / A XESTIÓN
O lixo unha vez nos colectores é transportado a plantas de tratamento para a súa reciclaxe. Hai tres modelos de xestión.
Nestes modelos o plástico, o vidro, o cartón e os puntos limpos seguen o camiño da reciclaxe.
A diferenza está na fracción orgánica. Lousame produce compost. Nostián no proceso de compostaxe obtén metano.
Sogama elabora combustible para xerar enerxía eléctrica.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0108.jpg)
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0109.jpg)
A xestión de refugallos está lonxe de ser positiva. No 2009 máis da metade do lixo chegado ás plantas de Sogama e Nostián acabou nos vertedoiros, en constraste coa media europea, onde só un terzo do lixo era vertido.
Os modelos son discutibles e hai opinións diversas. O que si é innegable é que unha correcta separación do lixo desde as nosas casas aumentaría a taxa de éxito na reciclaxe.
Ollade estes datos de 2014.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0110.jpg)
Chamamos impropios aos refugallos mal clasificados nos colectores selectivos. Estes refugallos mal clasificados teñen moitas probabilidades para non chegar a reciclarse.
O CICLO DO LIXO / O NOSO MODELO
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0111.jpg)
Os refugallos do COLECTOR AMARELO chegan ás máquinas de cribado por tamaño. A folla de lata é capturada por electroimáns. Os briks selecciónanse por lectores ópticos e o alumnio sepárase nun tambor de campo magnético. Finalmente os plásticos sepáranse, por un lado os poliestilenos e polo outro todos os demais.
Cando culmina este proceso o material prénsase para ser enviado ás plantas de reciclaxe onde serán tratados para cobrar vida de novo.
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0112.jpg)
![](https://www.auladareciclaxe.es/wp-content/uploads/2015/11/ciclo_0113.jpg)
O contido do COLECTOR VERDE composto de refugallos non reciclables e materia orgánica deposítase en moegas de descarga. Sécase e tritúrase para conseguir Combustible Derivado de Refugallos. Este combustible quéimase para alimentar unha planta termoeléctrica.
O resultado é a xeración de enerxía eléctrica.
As cinzas e escouras producidas no proceso van para o vertedoiro.