Que é a ECOescola?
A ECOescola As Campeiras é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxe
e da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos

Que podes atopar na ECOescola?
Mobiliario
Os mobles da Aula da Reciclaxe “ECOescola As Campeiras” están feitos con materiais reciclados e reciclables. As cadeiras, mesas, estanterías e mostradores son de cartón, os coxíns e cadeiras tipo “puff” así como as cortinas están feitas artesanalmente con tela de saco, etc. Este plantexamento vai na liña de considerar os refugallos como un recurso.
A Aula da Reciclaxe “ECOescola As Campeiras”
está dividida en dúas plantas.
Aula Dabaixo
Os 3RS
Esta exposición afonda no concepto dos “3Rs”, que pretende mudar os nosos hábitos de consumo, facéndonos responsables e sostibles, dando prioridade á redución do volume de refugallos xerados.
A Historia da Reciclaxe
O lixo é tan antigo como a Historia da Humanidade, polo que aquí se realiza un percorrido pola historia da reciclaxe e a reutilización dos refugallos.
O Ciclo do Lixo
Resulta moi interesante entender como se xestionan os refugallos, o camiño que percorren, modelos alternativos implantados noutros territorios e como percibir o lixo como un recurso.
Patio exterior
Aula Darriba
Recicla na Rúa
Sabemos que refugallos van en cada colector? No patio exterior do edificio atópanse distintos colectores de lixo e unha área de compostaxe.
Neste espazo atoparás unha aula habilitada para visionar audiovisuais, un punto de acceso e internet, unha sala de xogos, unha pequena cociña e a exposición Os Nosos Refugallos. Nesta exposición amósanse os distintos refugallos que xeramos día a día e como debemos separalos correctamente nas nosas vivendas.

PRIMEIRO ANDAR
5 • Os refugallos no teu concello / EXPOSICIÓN
6 • Os datos do lixo nas Pontes
7 • Aula Darriba
Os nosos refugallos / EXPOSICIÓN
• Área de xogos e xoguetes
• Punto Tecnolóxico (TIC)
• Área Multiusos
8 • Aseo
9 • Cociña / Recicla na casa.

PLANTA BAIXA
1 • Entrada / Historia da Escola das Campeiras
2 • Aula Dabaixo
• Recepción de grupos
Os 3Rs / EXPOSICIÓN
Ciclo do lixo / EXPOSICIÓN
Historia da reciclaxe / EXPOSICIÓN
3 • Aseo adaptado
4 • Patio Exterior / Recicla na rúa